martes, 1 de diciembre de 2015

Tema 2. Hardware. Actividade 7

ACTIVIDADE7.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á  figura 27 da páxina 44 do libro. 
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertiginosamente, pasando do primeiro disco duro de 5 MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo mallor que un teléfono móbil.

Nun disco magnético diferéncianse:
- Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
- Pistas: círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
- Sectores: divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas as caras. 

  • Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 
 A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi speriores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.
Os tipos de memoria flash máis empregados son:
-Memórias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao computador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea aceso. Xeralmente, non hai que instalar ningun software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.
 


-Cartóns de memoria. Son soportes de almacenamento




  • Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario