jueves, 10 de diciembre de 2015

Tema 2. Hardware. Actividade 9

ACTIVIDADE9.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
 -Modem ADSL. Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (desde a rede ata o usuario) e a capacidada de subida de datos (en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permiteintegrar na mesma liña voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis utilizadas .
-Cable módem. Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan acceso a Internet de banda ancha.
-Módem USB. Utiliza a banda ancha móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalámbricamente.
  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 
Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un modem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a Internet. 


  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 
A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utilíza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem, aínda que neste caso utilízan a rede eléctrica para para a transmisión de datos. o seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.
 
  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario